Equipos de trabajo

Axencia Galega da Calidade Alimentaria 

Proyecto Miña Terra

Proyecto Miña Terra

Xúntanse para desenvolver un proxecto dirixido á posta en valor das razas bovinas autóctonas galegas:

- RAZA CACHENA


OPTIMIZACIÓN DA DIETA DE CEBO   NAS DIFERENTES CATEGORÍAS DA RAZA CACHENA


IDEA DO PROXECTO

Co obxetivo de demostrar a viabilidade da cría da raza autóctona cachena como productora de carne de alta calidade, establecendo as bases para un tipo de produción rendible, proponse estudar os parámetros productivos e as características da canal e calidade organoléptica e nutricional da carne das diferentes categorías de animais desta raza a través de promoción para sensibilizar e millorar a vilibilidade das actividades do proxecto. 

RESUMO DO PROXECTO

       Actualmente a raza cachena críase en toda Galicia, con predominio nas áreas montañosas, aínda que se adapta a calquera condición ambiental. o sistema produtivo está determinado pola situación xeográfica e a dispoñibilidade de recursos alimentarios. o manexo é extensivo, cos animais en pastoreo aproveitando herba e recursos do monte, complementados con forraxes durante o inverno. na produción de becerros, é necesario realizar un cebo con concentrados para incrementar o rendemento carniceiro e mellorar a calidade da canal e carne.


      Por outra parte, a recentemente creada ixp vaca galega/boi galego (2017) pretende valorizar vacas e bois nacidos, criados e sacrificados en Galicia, dentro dos cales se encontran exemplares da raza cachena. cun período de cebo axeitado, eses animais poden conseguir unha canal cunha gran cantidade de graxa subcutánea de cor amarelo-alaranxado e carne cun elevado grao de infiltración graxa e cor vermello-escuro, características apreciadas polo consumidor do “chuletón de vaca/boi”. co obxectivo de demostrar a viabilidade da cría da raza autóctona cachena como produtora de carne de alta calidade, establecendo as bases para un tipo de produción rendible, proponse estudar os parámetros produtivos e as características da canal e calidade organoléptica e nutricional da carne nas diferentes categorías de animais desta raza a través de alternativas ao cebo convencional, cun cebo baseado en forraxes. incluindo na proposta, accións de información e promoción para sensibilizar e millorar a visibilidade das actividades do proxecto. para isto, empregaranse 64 animais de raza cachena pertencentes a miña terra s.l., distribuídos en 16 becerros (10-12 meses idade) no primeiro ano, 32 novillos/as (16 machos castrados e 16 femias de < 48 meses de idade) no segundo ano e 16 vacas (vaca desvelle>5 anos) no último ano.


OBJETIVOS

Co obxectivo principal de estudar o efecto de dous tipos de cebo (convencional vs. forraxeiro) nas diferentes categorías animais da raza cachena sobre os parámetros produtivos e as características da canal e da calidade organoléptica e nutricional da carne; propóñense os seguintes obxectivos parciais:

1.- determinar para a categoría becerro (10-12 meses idade) o efecto do cebo convencional (penso e palla) vs. forraxeiro (grao húmido e silo cereal con leguminosas) sobre os parámetros produtivos, a calidade da canal e da carne.

2.- determinar para as categorías novillos machos (macho castrado <48 meses idade) e femias (<48 meses idade) o efecto do cebo convencional (penso e palla) vs. forraxeiro (grao húmido e silo cereal con leguminosas) sobre os parámetros produtivos, a calidade da canal e da carne.

3.- determinar para a categoría vaca (vaca desvelle >5 anos) o efecto do cebo convencional (penso e palla) vs. forraxeiro (grao húmido e silo cereal con leguminosas) sobre os parámetros produtivos, a calidade da canal e da carne.

4.- difusión e comunicación dos resultados á comunidade cientifica


Proyectos relacionados

Share by: